Icona Curso de SocioloxíaO Centro asociado da UNED de Lugo abre o prazo de matrícula para a actividade “Taller de Socioloxía. Elaboración de Historias de Vida” impartida polo profesor D. José López Riopedre, que se levará a cabo na Sede do Centro os días 20, 22, 24, 27 e 29 de febreiro de 2012, en horario de 16 a 18 horas.
Os prezos da matrícula serán (más…)

Icona de Exames de febreiro do Curso de Acceso Recórdaselles aos alumnos que a única semana de exames de febreiro do Curso de Acceso 2011/2012 comeza o 30 de xaneiro e remata o 4 de febreiro.

Icona do Curso de Signos Nivel 2 O Centro asociado da UNED de Lugo abre o prazo de matrícula para o curso “Comunicación en Lingua de Signos” (Nivel 2) que organiza en colaboración coa FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas). Esta actividade levará a cabo na Sede da UNED en Lugo, sita en Cantigas e Frores, 31.

A lingua de signos é unha lingua natural de expresión e configuración xesto-espacial e percepción visual (e ata táctil por certas persoas con xordo-cegueira), grazas á que as persoas xordas poden establecer unha canle de información básica para a relación co seu ámbito social, xa sexa conformado por xordos ou oíntes. Mentres que (más…)

Con motivo da celebración do patrón da Universidade, o próximo venres 27/01/2012 non se impartirán titorías e a Secretaría do Centro e a Biblioteca, así como as Aulas Universitarias de Foz, Monforte e Viveiro, permanecerán pechadas.
Nas semanas do 30/01/2012 ao 03/02/2012 e do 13/02/2012 ao 17/02/2012 terán lugar os exames no Centro polo que non se impartirán titorías de Graos, Licenciaturas e Diplomaturas, nin do Curso de Acceso a maiores de 25/45 años.
Do 06/02/2012 ao 10/02/2012 impartiranse titorías do primeiro cuadrimestre, comezando o segundo cuadrimestre o día 20/02/2012.

  Comeza a matriculación para o curso “Herramientas de trabajo colaborativo: Utilización didáctica”. Máis información en http://www.extensionuned.es/publico_actividad/3233

Operación Quilo da UNED de LugoEstimados alumnos, titores e persoal da UNED:

Hai uns días solicitamos a vosa colaboración na Campaña Solidaria de Nadal que acaba de rematar. Hoxe queremos agradecer de corazón o voso apoio e achegas á mesma.

Esta foi a primeira experiencia deste tipo que levamos a cabo no Centro Asociado da UNED de Lugo, e estamos moi satisfeitos co resultado. Estamos encantados de ser por uns días unha canle para facer chegar a vosa xenerosidade a quen máis a necesita. Entregamos a Cáritas 350 quilos de alimentos.

Moitas cousas pequenas, en moitos lugares pequenos, feitas por moita xente pequena, poden transformar o mundo.

Moitas grazas e Felices Festas.

Saúdos cordiais,

Centro Asociado UNED Lugo

O Centro asociado da UNED de Lugo abre o prazo de matrícula para a actividade “Coaching no modelo de Proceso da Comunicación“, que se celebrará os días 9, 16, 20 e 23 de xaneiro de 2012. Esta actividade será impartida por D. Mario Salvador Fernández, Director de Alecés Instituto de Desarrollo Humano.

Coaching no modelo de “Proceso da Comunicación”

O PROCESO DE COMUNICACION® é unha ferramenta para a comunicación (más…)

Anotar e recordarEste curso a avaliación da actividade titorial presencial e dos servizos do centro vaise realizar a través do “Campus del Estudiante” en www.uned.es.  Desta maneira os estudantes teñen a posibilidade de escribir suxestións para a mellora da mesma, ademais de valorar os puntos que se plantexan.

O proceso abriuse o xoves 15 de decembro para as materias do primeiro cuadrimestre e  anuais, e pecharase antes de comezar as probas presenciais de febreiro.

O formulario atópase no “Campus del Estudiante” unha vez que se realiza o proceso de valicación no “Campus Uned”. Axuntamos gráfico onde se indica a situación do enlace.

Árbore de Nadal da Uned de LugoDesde o 23 de decembro, este incluído, ata o día 8 de xaneiro  non se impartirán titorías. Estas reanudaranse o 9 de xaneiro.  Neste período a secretaría do Centro e a biblioteca permanecerán pechadas, salvo os días 23 de decembro e  4 e 5 de xaneiro que abrirá en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Estimados alumnos, titores e persoal da UNED,

Todos somos conscientes da difícil situación económica que cada vez teñen que afrontar máis familias no noso país. Os medios de comunicación cóntannos cada poucos días como as cifras de pobreza crecen de maneira alarmante e cada vez máis fogares teñen necesidade de axuda para subsistir. A proporción de españois que viven por baixo do limiar de pobreza é case do 22 %, segundo o INE.

Este Nadal, o Centro Asociado da UNED de Lugo decidiu levar a cabo unha campaña de acción solidaria para recoller alimentos non perecedoiros e entregalos aos cidadáns máis necesitados de Lugo (más…)

Página siguiente »

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.