O Centro asociado da UNED de Lugo abre o prazo de matrícula para a actividade “Coaching no modelo de Proceso da Comunicación“, que se celebrará os días 9, 16, 20 e 23 de xaneiro de 2012. Esta actividade será impartida por D. Mario Salvador Fernández, Director de Alecés Instituto de Desarrollo Humano.
Coaching no modelo de “Proceso da Comunicación”
O PROCESO DE COMUNICACION® é unha ferramenta para a comunicación e a comprensión da personalidade. Fundaméntase en dúas bases esenciais: O xeito en que nós dicimos as cousas, o “Proceso”, é máis importante para a efectividade da mensaxe que o que dicimos, o “Contido”.
De feito, a maior parte do tempo “a mala comunicación” non acontece polo que se di senón pola forma en que se di, xerando consecuencias prexudiciais tanto para o individuo coma para a organización.
O PROCESO DA COMUNICACION é unha ferramenta práctica, directamente operativa que ensina a:
• Identificar os 6 Tipos de Personalidade
• Saber as Necesidades Psicolóxicas e os factores da motivación
• Invitar a conduta produtiva do outro
• Prever e previr a conduta de fracaso
• Entender e manexar a dinámica da propia personalidade dun e dos alumnos
• Manexar a dinámica do grupo
Aínda que cada individuo é único, todos nós temos características en común. Identificamos 6 tipos de enerxía que determina a nosa conduta. Estes tipos de enerxía, chamados Tipos de Personalidade, determinan as nosas necesidades psicolóxicas, os nosos puntos fortes e débiles, a nosa conduta produtiva. Tamén determinan, cando as nosas necesidades psicolóxicas non se satisfan, as nosas reaccións específicas baixo estrés, os nosos mecanismos e condutas de fracaso. Estas condutas son identificables e predicibles.
O “COACHING A TRAVÉS DO PROCESO DE COMUNICACIÓN®” que se ensina neste seminario fundaméntase principalmente no estudo por cada participante do seu “Inventario do Perfil Persoal” que reciben confidencialmente ao principio do seminario.
O Inventario dá unha imaxe sen xuízos, precisa e obxectiva da personalidade propia e das necesidades psicolóxicas, facilitando a adquisición de coñecemento sinxelo e valioso da propia dinámica de funcionamento así como da dos estudantes.
Para máis información e prezos visite o curso na páxina de Extensión Universitaria.