Estimados alumnos, titores e persoal da UNED:
Hai uns días solicitamos a vosa colaboración na Campaña Solidaria de Nadal que acaba de rematar. Hoxe queremos agradecer de corazón o voso apoio e achegas á mesma.
Esta foi a primeira experiencia deste tipo que levamos a cabo no Centro Asociado da UNED de Lugo, e estamos moi satisfeitos co resultado. Estamos encantados de ser por uns días unha canle para facer chegar a vosa xenerosidade a quen máis a necesita. Entregamos a Cáritas 350 quilos de alimentos.
Moitas cousas pequenas, en moitos lugares pequenos, feitas por moita xente pequena, poden transformar o mundo.
Moitas grazas e Felices Festas.
Saúdos cordiais,
Centro Asociado UNED Lugo