O próximo xoves 19 de novembro terá lugar, ás 17:00 horas, no Centro Asociado de Lugo e nas Aulas Universitarias de Foz, Monforte e Viveiro, un curso de formación, totalmente gratuíto, sobre ferramentas virtuais da UNED.

Con este curso trátase de amosarlles aos alumnos tódolos medios que a UNED ofrece aos seus alumnos para facilitarlles o seu estudio.

Se desexa inscribirse nesta actividade, só ten que mandar un correo a dirección info@lugo.uned.es co seu nome, apelidos e DNI ou ben acudir á Secretaría do Centro Asociado de Lugo ou das Aulas Universitarias de Foz, Monforte e Viveiro.