O Centro Asociado de Lugo permanecerá aberto en horario normal, tanto de titorías como de servizos administrativos, os días luns 15 de febreiro e mércores 17 de Febreiro.  O día martes 16 de febreiro estará pechado por ser festivo local.

Así mesmo a Aula Universitaria de Viveiro estará pechada o martes 16 de febreiro. O luns abrirá en horario de 9:00 a 14:00.

A Aula Universitaria de Monforte permanecerá pechada o mércores 17 de febreiro por festividade local, estando aberta no horario habitual o luns e martes anteriores.

A aula de Foz suspende as titorías os días 15, 16 e 17 de febreiro. O horario de atención ó publico da biblioteca e secretaría os días 15 e 17 de febreiro será de 9:00 a 14:00.