O Padroado do Centro Asociado da Uned de Lugo, resolveu convocar a Concurso de méritos 17 prazas de Profesor Titor.

Para ser admitido ao citado concurso requírese que os solicitantes aporten fotocopia do título de Doutor, Licenciado ou, no seu caso, Diplomado ou equivalente; así como unha fotocopia da Certificación Académica Oficial. Dita titulación estará relacionada coas disciplinas ás que se concursa.

Os concursantes, deberán remitir unha solicitude para cada unha das prazas ás que concorran, así como currículun vitae e a documentación sinalada no apartado anterior, para cada unha delas.

Os concursantes deberán dirixir a correspondente solicitude ao Exmo. Sr. Presidente do Padroado do Centro Asociado, e depositarana na Sede do mesmo sita en Cantigas e Frores, 31 ou ben tramitarana por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, no prazo de 10 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación da presente convocatoria.

A relación de prazas convocadas é a seguinte:

  • 1. PLANIFICACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS TURÍSTICAS
  • 2. MARKETING I
  • 3. CÁLCULO NUMÉRICO I
  • 4. ELECTROMAGNETISMO (FG)
  • 5. BIOLOXÍA (CAD)
  • 6. DEREITO CIVIL III y IV
  • 7. DEREITO CIVIL I
  • 8. SOCIEDADE DO COÑECEMENTO, TECNOLOXÍA E EDUCACIÓN
  • 9. ORIENTACIÓN FAMILIAR
  • 10. TECNOLOXÍA DE MÁQUINAS I
  • 11. PROGRAMACIÓN I
  • 12. FUNDAMENTOS DE INFORMÁTICA
  • 13. PROGRAMACIÓN III
  • 14. LINGUA INGLESA I
  • 15. HISTORIA DA FILOSOFÍA ANTIGUA I
  • 16. PSICOLOXÍA DA APRENDIZAXE
  • 17. PSICOLOXÍA DA EMOCIÓN

Os concursantes dispoñen das bases da convocatoria no Taboleiro de anuncios do Centro Asociado e na páxina do Centro https://unedlugo.wordpress.com.

Descarga dos documentos necesarios: