Ata o próximo mércores continúa aberta a matrícula no Curso de “Lingua de Signos: Nivel Inicial 1ª Fase” organizado polo Centro Asociado da UNED de Lugo en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)

Para poder asistir a o  curso deben cubrir o boletín de inscrición e co xustificante de pago,  entregalo na Secretaría do Centro Asociado.

O importe de matrícula para o curso é de 120€ para alumnos/as da UNED e 150€ para o resto de alumnos, o pago realizarase na conta de Caixanova como Concepto: Curso de “Lingua de Signos” e datos persoais do alumno.

O curso realizarase ata o 13 de maio (65 horas) os luns e mércores 18:00 a 21:00 horas. Para máis información poden consultar a nosa páxina www.unedlugo.wordpress.com ou ben mediante correo electrónico info@lugo.uned.es.

Anuncios