A lingua de signos é unha lingua natural de expresión e configuración xesto-espacial e percepción visual (e ata táctil por certas persoas con xordocegueira), grazas á que as persoas xordas poden establecer unha canle de información básica para a relación co seu contorno social, xa sexa conformado por xordos ou oíntes. Mentres que coa lingua oral a comunicación establécese nunha canle vocal-auditiva, a lingua de signos faino por unha canle xesto-viso-espacial. Nos últimos anos, o interese pola aprendizaxe da Lingua de Signos incrementouse considerablemente; a gran demanda de persoas interesadas en coñecer e aprender esta lingua consolidou as clases de Lingua de Signos española.

Os obxectivos que se tratan de acadar con este curso son:

  • Capacitar ao alumnado non uso e coñecemento desta Lingua.
  • Introdución ao mundo dás persoas xordas mediante ou coñecemento dos aspectos socioculturais dá comunidade xorda.

Este curso está destinado a todos aqueles interesados en aprender a lingua de signos, por motivos profesionais, familiares ou persoais.

Para poder asistir ao  curso deben matricularse na seguinte ligazón http://www.extensionuned.es/publico_actividad/2367 e entregar o xustificante de pago na Secretaría do Centro Asociado.

O importe da matrícula para o curso é de 120€ para alumnos/as da UNED e 150€ para o resto de alumnos/as, o pago realizarase na conta de Caixanova,  pondo como Concepto: Curso “SIGNOS” e datos persoais do alumno. O número de prazas mínimo é de 15.

Para este curso tramitouse un 1 crédito ECTS.

O curso realizarase desde o 21 de febreiro al 15 de abril de 2011, os luns, mércores e venres entre as 17.45 e as 21 horas. Para máis información poden consultar a nosa páxina www.unedlugo.wordpress.com ou ben mediante correo electrónico info@lugo.uned.es.

Anuncios