Mañá martes, día 1 de marzo, terá lugar ás 19.00 horas no Centro Asociado da UNED de Lugo unha charla do Colexio de Traballadores Sociais de Galicia dirixida a todos os estudantes desta titulación. O obxecto desta actividade é presentar o Colexio, a lexislación que o define, os servizos que presta, as áreas de traballo abarcadas… Farase especial fincapé na área de saídas profesionais e emprego.

A duración da actividade é de aproximadamente unha hora.