O xoves día 24 de marzo ábrese o prazo de matrícula para a actividade “A violencia de xénero dende a psicoloxía: factores de risco, causas, psicopatoloxías asociadas e outros”.  A matrícula farase a través de internet na seguinte ligazón:  http://www.extensionuned.es/publico_actividad/2505.

A violencia de xénero nace da desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres, e exércese por quen sexan ou fosen os seus cónxuxes ou estean ou estivesen vinculados a elas por relacións afectivas, aínda sen convivencia.

Os obxectivos do curso son os seguintes:
•    Aportar, a través dun breve percorrido histórico, as claves que fraguaron a marxinación feminina nos distintos ámbitos de socialización.
•    Valorar a situación actual da problemática baseándose en datos estatísticos.
•    Aprender a identificar factores de vulnerabilidade e indicadores de maltrato.
•    Proporcionar coñecementos técnicos sobre psicopatoloxías específicas,relacionadas co sufrimento da violencia de xénero.

Datos do curso
Horas lectivas: 19
Créditos: 1 crédito de libre configuración e 0.5 créditos ECTS.
Prezo: 30 € para alumnos da UNED e 35 € para o resto de alumnos
Ponente: Mª Belén Rivera Vázquez

Máis Información:
Consorcio Universitario C.A. Uned Lugo
Rúa Cantigas e Frores, 31
27002 Lugo Lugo
982280202