Queda aberto o prazo de matrícula para o curso de verán “Psicología del Deporte y del Alto Rendimiento” dirixido polo profesor Dr. José María Buceta (ex-xefe do Gabinete de Psicoloxía do Real Madrid.

A Psicoloxía do Deporte representa hoxe en día unha área de traballo onde os psicólogos conseguiron un lugar importante para desenvolver o seu labor.  Nesta área xéranse estratexias, métodos e instrumentos propios  que, utilizados apropiadamente, conseguen unha mellora do rendemento, tanto en deportistas de elite coma noutros contextos, por exemplo no marco laboral, nos que se pretenda optimizar o rendemento das persoas e organizacións.
O curso que se presenta está dirixido polo profesor Dr José Mª Buceta, de recoñecido prestixio como psicólogo do deporte xa que dirixiu o Gabinete de Psicoloxía do Real Madrid. Tamén é director do “Master de Psicoloxía do Deporte” da UNED.
Neste master participan profesores e especialistas que levan traballado moitos anos con deportistas e que coñecen as técnicas e estratexias psicolóxicas para a optimización do seu rendemento. Entre eles están:

  • Dra. Milagres Ezquerro:  Traballa con deportistas individuais e é profesora titular na Universidade da Coruña.
  • Joaquín Valdes: Master en Psicoloxía do Deporte e traballa como psicólogo no Futbol Club Barcelona.
  • Dra Pino Díaz: Ex-ximnasta e profesora na Universidade de Vigo.
  • Dr. Andrés López de la Llave: Profesor titular na UNED, psicólogo do deporte en diferentes equipos deportivos.
  • A Dra Mª Carmen Pérez-Llantada: Profesora titular da UNED e especialista en deporte de iniciación.

Ata o día 20 de xuño haberá prezos de matrícula reducidos.
Dito curso celebrarase presencialmente en Viveiro e poderá seguirse por videoconferencia desde Lugo, Monforte e Foz.
Nos enlaces seguintes pódese obter máis información e realizar a matricula “on-line”: