Está aberto o prazo de matrícula para o curso “Enredado: Robótica fácil con Lego NXT” que se celebrará do 11 ao 13 de xullo de 2011 no Aula Universitaria da UNED de Viveiro.

Este curso conta con 2 créditos do MEC e dous créditos de Libre Configuración ou, o que é o mesmo, 1 crédito ECTS. Ademais están solicitados créditos de Formación do Profesorado da Consellería de Educación – Xunta de Galicia.

Ata o día 20 de xuño haberá prezos reducidos de matrícula.

A matrícula farase a través de internet no seguinte enlace: http://www.extensionuned.es/publico_actividad/2468.

A sociedade do século XXI convive diariamente con enxeños informáticos que están chamados a colaborar e axudarnos nas nosas tarefas máis cotiás. A programación e deseño destes enxeños (ou robots) é moito máis fácil e asequible do que se podía imaxinar fai uns anos. Neste curso preténdese introducir aos estudantes no mundo da robótica da man do NXT de LEGO, un kit de robótica que é económico, potente e moi versátil.

Exploraranse contornas diferentes de traballo, introduciranse os diferentes elementos e sensores que podemos utilizar nas nosas prácticas e abordaranse proxectos de creación de robots. En concreto, o curso abordará as seguintes temáticas:

  • Contornas  de desenvolvemento fáciles para robótica educativa.
  • Sensores e actuadores en robótica.
  • Aplicacións da robótica na educación primaria, secundaria e formación profesional.

Quérese facer especial énfase no carácter educativo e formativo da robótica. Xa que logo, o curso centrarase en todos aqueles elementos necesarios para que estes coñecementos poidan ser impartidos nun aula de tecnoloxía de forma sinxela. A robótica é unha disciplina que polo seu carácter require de coñecementos moi heteroxéneos, como por exemplo de  física, electrónica, matemáticas, programación, etc.

O carácter deste curso é eminentemente práctico e contaremos con robots de LEGO e equipos informáticos para poder traballar en directo. Ademais, contaremos con algunhas sesións teóricas onde se explicarán conceptos básicos a poñer en práctica nas sesións prácticas. As sesións prácticas corren a cargo de investigadores de diversas universidades, que contan con ampla experiencia no campo dos sistemas distribuídos.

O curso vai dirixido a estudantes de Enxeñería Informática e Telecomunicacións, así como a estudantes dos distintos Grados en Informática. Ademais  está dirixido a profesores e persoal técnico das administracións públicas e da industria relacionados coa robótica. O curso ten un carácter teórico-práctico e propóñense estas sesións inicialmente.

Para máis información info@lugo.uned.es.

Anuncios