Os cursos de verán que organiza a UNED de Lugo foron recoñecidos con créditos do Ministerio de Educación e como actividade de Formación Permanente do Profesorado da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

PSICOLOXÍA DO DEPORTE E ALTO RENDIMENTO do 6 ó 8  de xullo que será emitido dende Viveiro por videoconferencia ao Centro de Lugo e ás Aulas de Foz e Monforte e cuxo obxectivo fundamental é dar a coñecer o papel do psicólogo do deporte dende distintas perspectivas. Reservadas 45 prazas para Formación Permanente do Profesorado da Xunta de Galicia.

enREDado: ROBÓTICA FÁCIL CON LEGO NXT do 11 ó 13 de xullo cuxo obxectivo primordial é enfatizar o carácter educativo e formativo da robótica aplicándoo na educación primaria, secundaria e formación profesional e sobre todo  para desenvolver na aula de tecnoloxía de forma sinxela. Reservadas 9 prazas para Formación Permanente do Profesorado da Xunta de Galicia. Este curso, dado o seu inminente carácter práctico, só se poderá facer presencialmente na Aula da UNED de Viveiro.

Ámbolos dous cursos están recoñecidos para o Profesorado de Ensino de Primaria e Secundaria con 2 créditos polo MEC, 2 créditos UNED de libre configuración, 1 crédito ECTS e como actividade de Formación Permanente do Profesorado da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

O profesorado autorizado a inscribirse en actividades de Formación do Profesorado é aquel que presta os seus servizos nos centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou en centros privados concertados.

 Criterios de admisión nas actividades de formación

  • Pertencer ao ámbito do Centro de Formación e Recursos ou demarcación específica sinalada na convocatoria.
  • Estar impartindo a etapa, a materia, a área ou o ciclo aos que vai destinada a actividade de formación.
  • Ser persoa funcionaria de carreira, funcionaria en prácticas, persoal interino, persoal laboral ou contratado.
  • Distribución proporcional entre o profesorado de educación infantil, primaria e secundaria, no caso de actividades destinadas a todos os niveis.
  • Proximidade do centro de traballo á localidade de celebración, no caso de actividades que se repitan en diferentes comarcas.
  • Non ter participado na mesma actividade en anos anteriores.
  • Non poderá participar en actividades de formación permanente o persoal docente en situación de baixa ou de incapacidade laboral transitoria.
  • Aqueloutros criterios específicos sinalados na convocatoria da actividade.

Ó longo da semana do 11 ó 15 de xullo desenvolverase por videoconferencia no Centro Asociado de Lugo e nas Aulas de Viveiro, Foz, Monforte e o primeiro curso de verán  sobre redes sociais e primeiro Workshop de investigación en análise de Redes Sociais e a súa relación co desenvolvemento territorial e o marketing dixital titulado ¿QUÉ SON E PARA QUÉ SIRVEN AS REDES SOCIALES?.

Para máis información dirixirse a:

Centro Asociado de Lugo 982 28 02 02/info@ lugo.uned.es

Aula Universitaria Viveiro 982 56 36 01/viveiro@lugo.uned.es

Aula Universitaria Monforte 982 41 62 36/monforte@lugo.uned.es

Aula Universitaria Foz 982 13 36 99 / foz @lugo.uned.es