(Noticia en castellano  ) O próximo luns, día 12 de setembro, comezará no Centro asociado da UNED de Lugo  a matrícula asistida para o curso académico 2011/2012. Para iso  o Centro de Lugo pon a disposición do alumnado varios terminais informáticos e o apoio do persoal do Centro. Os interesados deberán realizar a matrícula por internet.

O prazo de matrícula para os graos comezou o día 6 de setembro e finalizará o próximo 20 de  outubro. Por outro lado, as inscricións para as licenciaturas, diplomaturas e enxeñarías pódense formalizar a partir do martes 13 de setembro e ata o 25 de outubro, mentres que o prazo de matrícula para o Curso de Acceso a maiores de 25 e 45 anos abrirase o día 14 e  pecharase o 27 de outubro.

As persoas que desexen cursar un máster ou un doutorado poderán apuntarse entre o 15 de setembro e o 14 de outubro, salvo os interesados en doutorados na súa etapa de investigación que terán que esperar ata o 7 de novembro.

Formación continua. Para os cursos de formación continua o período de matrícula está aberto dende principios deste mes e finalizará o 30 de novembro. A oferta destes cursos inclúe “Programa de Formación de Profesorado”, “Ensino aberto”, “Especialización”, “Área da Saúde, Desenvolvemento Profesional” e “Módulos”.

O Centro asociado de Lugo ofertará para o curso 2010/2011 21 titulacións de grao, dado que, ás titulacións xa implantadas en cursos anteriores, súmase o Grao de Ciencias Xurídicas e da Administración.

Este novo Grao está dirixido a persoas interesadas en traballar na Administración ou coa Administración. O seu obxectivo é abordar o estudio omnicomprensivo do réxime xurídico e da actuación das Administración Públicas (sen esquecer a perspectiva politolóxica e económico-financeira).

O Grao en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas  interesará directamente a todas aquelas persoas que traballan ou queren traballar en todas as Administracións Públicas: dende a Administración local á Administración internacional, pasando, por suposto, polas Administracións autonómica e estatal, ata a Administración da Unión Europea, estreitamente integrada con todas as anteriores.

Os graos que se ofertarán este Curso Académico son os seguintes:

  • GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS
  • GRAO EN ANTROPOLOXÍA SOCIAL E CULTURAL
  • GRAO EN CIENCIAS XURÍDICAS E DA ADMINISTRACIÓN
  • GRAO EN CIENCIAS POLÍTICAS
  • GRAO EN DEREITO
  • GRAO EN ECONOMÍA
  • GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL
  • GRAO EN FILOSOFÍA
  • GRAO EN XEOGRAFÍA E HISTORIA
  • GRAO EN HISTORIA DA ARTE
  • GRAO EN ENXEÑARÍA DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN
  • GRAO EN ENXEÑARÍA ELÉCTRICA
  • GRAO EN ENXEÑARÍA ELECTRÓNICA, INDUSTRIAL E AUTOMÁTICA
  • GRAO EN ENXEÑARÍA EN TECNOLOXÍA INDUSTRIAL
  • GRAO EN ENXEÑARÍA INFORMÁTICA
  • GRAO EN ENXEÑARÍA MECÁNICA
  • GRAO EN PEDAGOXÍA
  • GRAO EN PSICOLOXÍA
  • GRAO EN SOCIOLOXÍA
  • GRAO EN TRABALLO SOCIAL
  • GRAO EN TURISMO

Aqueles que desexen obter máis información poden facelo na secretaría do Centro asociado, nas Aulas de Foz, Monforte e Viveiro, na páxina https://unedlugo.wordpress.com/, chamando ao número de teléfono 982.280202 ou enviando un correo electrónico á dirección info@lugo.uned.es.