As normas que integran o “Dereito da Libre Competencia” teñen como finalidade a defensa da competencia e, neste sentido, prohiben ou someten a control os comportamentos dos distintos operadores económicos que impiden ou tratan de impedir a existencia de competencia no mercado. Neste Congreso e ao longo de dous días analízanse os aspectos fundamentales deste sistema normativo, tamén chamado “Dereito de Defensa da Competencia“. Tras poñer de manifesto que se trata dun excelente instrumento de progreso económico das empresas, especialmente significativo en tempos de crise, e, ao mesmo tempo, de defensa dos dereitos e intereses dos consumidores, non só se examina o Dereito de laLibre Competencia dende unha perspectiva estatal senón tamén dende unha perspectiva autonómica, destacando cál é o papel desempeñado pola Comisión Nacional da Competencia, polo consello Galego da Competencia, no caso de Galicia, e polos nosos Tribunais á hora de aplicar este Dereito. Así mesmo é importante destacar que se estudan tres realidades que están a xerar conflitos con excesiva frecuencia, non sempre doados de solucionar: As relacións e implicacións do Dereito de Defensa da Competencia coa Propiedade Industrial, cos Códigos de Conduta e, finalmente, no marco das Asociacións de Empresarios.

Para consultar o temario e acceder a matricula pulse aquí.

Cartel oficial en galego  |  Cartel oficial en castellano