Do 17 ao 21 de outubro terá lugar a Semana de Acollida a novos alumnos con sesións prácticas formativas sobre a plataforma de cursos virtuais ALF. As sesións  deselvoveranse os días 18 e 21 de 17:00 a 18:00 horas e o día 19 de 18:00 a 19:00 horas. Se estás interesado en acudir a unha destas sesións debes poñerte en contacto coa secretaría do Centro chamando ao 982280202, ou ben a través do correo electrónico info@lugo.uned.es.

Tamén poñemos a disposición do alumno o “Plan de apoyo tecnometodológico a los estudiantes del Campus Noroeste de la UNED”. Sobre este curso existe máis información no seguinte enlace http://www.extensionuned.es/publico_actividad/2915.