Estimados alumnos, titores e persoal da UNED,

Todos somos conscientes da difícil situación económica que cada vez teñen que afrontar máis familias no noso país. Os medios de comunicación cóntannos cada poucos días como as cifras de pobreza crecen de maneira alarmante e cada vez máis fogares teñen necesidade de axuda para subsistir. A proporción de españois que viven por baixo do limiar de pobreza é case do 22 %, segundo o INE.

Este Nadal, o Centro Asociado da UNED de Lugo decidiu levar a cabo unha campaña de acción solidaria para recoller alimentos non perecedoiros e entregalos aos cidadáns máis necesitados de Lugo a través de Cáritas, institución de axuda social.
Para iso gustaríanos pedirvos dende aquí a vosa participación, para que cada un de vós achegue o que considere oportuno. O máis sinxelo é colaborar doando un quilo ou un litro dalgún tipo de alimento non perecedoiro, por exemplo: arroz, pasta, legumes, azucre, fariña, galletas, leite, aceite, etc.

Durante a semana do 19 ao 23 de decembro, colocarase unha mesa no hall onde se recollerán as achegas que voluntariamente traiades cando veñades á sede da UNED. Tamén necesitaremos voluntarios para que ao final de cada día podamos facer o reconto dos alimentos recibidos. Se desexades colaborar como voluntarios, basta con responder a este correo ou comunicalo na secretaría do Centro. Obviamente, cada un doa o que quere e pode. O importante é que, ao final, coa pequena achega de todos, conséguese facer unha doazón que poderá ser máis ou menos importante, pero que sempre será benvida pola xente que a necesita.

Dámosvos as grazas por anticipado e pedímosvos que estendades isto a todas aquelas persoas da vosa contorna que puidesen estar interesadas en participar.

Saúdos cordiais,

Centro Asociado UNED Lugo