Icona do Curso de Signos Nivel 2 O Centro asociado da UNED de Lugo abre o prazo de matrícula para o curso “Comunicación en Lingua de Signos” (Nivel 2) que organiza en colaboración coa FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas). Esta actividade levará a cabo na Sede da UNED en Lugo, sita en Cantigas e Frores, 31.

A lingua de signos é unha lingua natural de expresión e configuración xesto-espacial e percepción visual (e ata táctil por certas persoas con xordo-cegueira), grazas á que as persoas xordas poden establecer unha canle de información básica para a relación co seu ámbito social, xa sexa conformado por xordos ou oíntes. Mentres que coa lingua oral a comunicación se establece unha canle vocal-auditivo, a lingua de signos faino por unha canle xesto-viso-espacial. Nos últimos anos, o interese pola aprendizaxe da Lingua de Signos incrementouse considerablemente; a grande demanda de persoas interesadas en coñecer e aprender esta lingua consolidou as clases de Lingua de Signos española.

A actividade, cunha duración total de 65 horas lectivas, desenvolverase entre os días 29 de febreiro e 30 de abril. Os luns, mércores e venres entre as 18 e as 21 horas. O custo da actividade é de 110 € en caso de matrícula ordinaria, 100 € para alumnos con minusvalidez e 105 € para alumnos da UNED.

A matriculación haberá de realizarse a través de internet no seguinte enlace  http://qinnova.uned.es/publico_actividad/3332

Para máis información contacte no correo electrónico info@lugo.uned.es.