Icona Curso de SocioloxíaO Centro asociado da UNED de Lugo abre o prazo de matrícula para a actividade “Taller de Socioloxía. Elaboración de Historias de Vida” impartida polo profesor D. José López Riopedre, que se levará a cabo na Sede do Centro os días 20, 22, 24, 27 e 29 de febreiro de 2012, en horario de 16 a 18 horas.
Os prezos da matrícula serán os seguintes:

Ordinaria    Alumnos con minusvalía    Alumnos UNED
35 €                          25 €                                30 €

A matrícula debe realizarse a través de internet no seguinte enlace http://www.extensionuned.es/publico_actividad/3335

A actividade deste Taller de Socioloxía céntrase en tratar de aproximar os participantes á metodoloxía de investigación cualitativa dende unha perspectiva eminentemente práctica. En concreto, imos traballar no proceso de elaboración propio do método biográfico: guión, entrevistas, construción dos relatos, etc. Para iso, dividiremos o taller en dúas partes:

a) unha introdutoria, onde se fará lectura e comentario das distintas obras de autores que traballaron con historias de vida (Thomas e Znaniecki, 1918; Sutherland, 1937; Lewis, 1971; Gamella, 1990; Silva, 1992; Mejía, 2006; Solaina e Riopedre, 2011);

b) unha práctica, onde se intentará elaborar un pequeno relato biográfico a partir das técnicas e aprendizaxes adquiridas durante o curso. O obxectivo é conseguir que o alumno se familiarice coa técnica do método biográfico, valorando tanto o aspecto formal literario como o enorme potencial sociolóxico e etnográfico que leva consigo.