Icona Matrícula Acceso maiores de 40 Desde o 23 de abril de 2012 ata o  7 de maio de 2012 permanecerá aberto o prazo para solicitar o Acceso á UNED para maiores de 40 anos. Os interesados deben cumplir 3 REQUISITOS:

  • Ter cumprido 40 anos antes do 1 de outubro de 2012.
  • Non estar en posesión de ningunha titulación de acceso á Universidade.
  • Acreditar experiencia laboral ou profesional relacionada co Grao ao que se pretende acceder. Segundo acordo dos órganos da Universidade exixirase un mínimo de 10 anos de experiencia laboral ou profesional para poder acceder a cursar un grao na UNED.

Pode obter máis información sobre o Acceso para maiores de 40 anos no portal  www.uned.es.