Icona "Escuela Europea de Líderes"O próximo 15 de xuño comeza no Centro Asociado de UNED Lugo o I Programa Internacional de Coaching Experto en Coaching”.  Trátase dunha acción formativa que acredita para a práctica profesional do Coaching;  está certificada pola Asociación Española de Coaching (ASESCO) e conta co aval de AICC (Asociación Internacional de Coaches y Consultores).
O programa será impartido polos coaches/facilitadores da Escuela Europea de Líderes (EEL), entidade dedicada á formación de profesionais do coaching, e colaboradora a estes efectos de UNED Lugo.
Os interesados en formar parte nesta experiencia formativa pioneira en Galicia deben enviar un correo aos seguintes enderezos:

  • foz@lugo.uned.es
  • info@lugo.uned.es

facendo constar un teléfono de contacto.
Unha vez recibida a súa petición, o interesado será convocado para a realización da entrevista de admisión no programa, na que se valorará a súa idoneidade para ser incluído no mesmo.
Para recibir máis información sobre as características desta certificación, pódese consultar o documento “Catálogo Informativo Lugo – Junio 2012