Dende o Centro asociado de Lugo e as súas Aulas de Foz, Monforte e Viveiro ponse en marcha unha nova edición dos Cursos de Verán na UNED. Intentamos que sexan un foro de encontro entre a Universidade e a sociedade, para intercambiar opinións e achegar solucións. A novidade principal será a recepción por videoconferencia.

DESCONTO POR MATRÍCULA ANTICIPADA ANTES DO 25 DE XUÑO DE 2012.


CURSO “ENVELLECEMENTO, OCIO E TEMPO LIBRE (085)”.  Do 9 ao 13 de xullo de 2012.

Debido ao envellecemento gradual da poboación, moitos países están a propiciar políticas de envellecemento activo. Trátase dun estilo de vida saudable no que as persoas maiores buscan mellorar a súa calidade de vida. Un factor importante no envellecemento activo é a xestión do ocio mediante actividades pracenteiras que aumentan a percepción de benestar persoal. Neste curso revisaremos todos estes conceptos e os programas sociais máis actuais de intervención coas persoas maiores.

O curso vai dirixido a Diplomados e Licenciados en Psicoloxía, Ciencias da Educación, Traballo Social, Enfermaría, Fisioterapia, Medicina e ciencias afíns. Tamén vai dirixido a estudantes destas carreiras ou calquera persoa interesada no tema.

Horas lectivas: 35

Tríptico

1.5 créditos ECTS (Graos) e 3 créditos de libre configuración.

MATRÍCULA: http://www.extensionuned.es/publico_actividad/3785


CURSO “COMUNICACIÓN E MERCADOTECNIA NAS REDES SOCIAIS (070)”. Do 16 ao 20 de xullo de 2012.

O curso está dedicado a analizar as novas formas de comunicación e mercadotecnia nas redes sociais. Para iso abórdase inicialmente unha aproximación a como funcionan entre si tales redes para posteriormente analizar como cambiou a comunicación dos individuos entre si, e destes coas marcas e produtos, así como os novos paradigmas que orientan a mercadotecnia neste tipo de redes sociais.

Dirixido a todas as empresas, profesionais, estudantes e individuos en xeral (dada a expansión do tema na vida cotiá) interesados en coñecer como funcionan en profundidade as redes sociais e como se poden posicionar nelas.

Recoméndase aos alumnos que asistan co seu propio ordenador persoal.

Horas lectivas: 35

Tríptico

1.5 créditos ECTS (Graos) e 3 créditos de libre configuración

MATRÍCULA: http://www.extensionuned.es/publico_actividad/3784


CURSO “¿QUE SON E COMO FUNCIONAN OS XESTORES DE CONTIDO? (104)”. Do 18 ao 20 de xullo de 2012.

O curso está dedicado a analizar os sistemas de xestión de contidos (CMS), estandarización e esquemas de metadatos así como interconexión dos xestores de contidos e redes sociais. Para iso faise primeiro unha aproximación a como funcionan estes sistemas para logo ver en detalle as diferentes plataformas dispoñibles e realizar a instalación e posta en marcha dun CMS.

Horas lectivas: 20

Tríptico

1 crédito ECTS (Graos), 2 créditos de libre configuración e 2 créditos MECD (recoñecidos para o Profesorado de Ensino Primario e Secundario en activo)

Recoméndase que os alumnos asistan co seu propio ordenador persoal.

MATRÍCULA: http://www.extensionuned.es/publico_actividad/3783


 

PARA MÁIS INFORMACIÓN E MATRÍCULA:

UNED Centro asociado de Lugo
Cántigas e Frores, 31

27002 Lugo

Teléfono: 982 28 02 02

Correo:info@lugo.uned.es

UNED Aula Universitaria de Monforte de Lemos
Praza de España (Casa da Cultura)

27400 Monforte de Lemos

Teléfono: 982 41 62 36

Correo:monforte@lugo.uned.es

UNED Aula Universitaria de Foz

Rúa Castelao, s/n

27780 Foz

Teléfono: 982 13 36 99

Correo:foz@lugo.uned.es

UNED Aula Universitaria de Viveiro

Avda. Cervantes s/n

27850 Viveiro

Teléfono: 982 56 36 01

Correo:viveiro@lugo.uned.es