A partir do próximo 11 de xuño e ata o 31 de xullo o horario da Secretaría do Centro Asociado da Uned en Lugo, así como o da Biblioteca e as Aulas Universitarias de Monforte e Viveiro será de 9 a 14 horas. A Aula Universitaria de Foz terá horario de 8:30 a 13:30 horas. No mes de agosto, tanto o Centro Asociado da Uned en Lugo como as Aulas permanecerán pechadas.