Desde o Centro Asociado de Lugo comunícase aos alumnos que é fundamental que teñan activadas as súas contas de correo electrónico de estudante UNED, pois a elas chegaranlles notificacións do Centro e da Sede Central. Dita conta de correo ten como enderezo xenérico o seguinte: “identificador-UNED@alumno.uned.es”. É dicir, se por exemplo o seu identificador UNED é “mperez999” a conta de correo asociada sería “mperez999@alumno.uned.es”.

Tamén lle recomendamos que, en caso de que non a consulte con frecuencia, ten a posibilidade  de redireccionala a outra conta de correo que empregue habitualmente.

Axúntanse a continuación guías para a activación e redirección de dita conta:

Anuncios