O próximo martes 30 de outubro de 2012 ás 19:30 terá lugar o Acto Solemne de Inauguración do Curso Académico 2012-2013. A lección maxistral “Una Universidad para aprender y emprender” será impartida por Don Luis García Santalla (Director Xerente de BEGASA).

Debido á celebración de dito acto quedan suspendidas as titorías dese día no Centro Asociado de Lugo e nas Aulas Universitarias de Foz, Monforte e Viveiro.