Icona de horario de titorías durante os exames de febreiro de 2012/2013

Con motivo da  celebración do patrón da Universidade o venres 25/01/2013 non se impartirán titorías e a  Secretaría do Centro e a  Biblioteca, así como as Aulas Universitarias de Foz, Monforte ye Viveiro, permanecerán pechadas.

Nas semanas que van do 28/01/2012 ao 02/02/2013 e  do 11/02/2013 ao 16/02/2013 terán lugar os exames no  Centro polo que non se impartirán titorías de Graos, Licenciaturas e Diplomaturas.

En canto ao Curso de Acceso,  non haberá titorías na semana do 28/01/2013 ao 02/02/2013.  Haberá titorías do Curso de Acceso na semana do 11/02/2013 ao 16/02/2013 excepto o 12/02/2013 por ser martes de Antroido, aínda que ese día o Centro permanecerá aberto para facer exames.

O día 12 de febreiro, martes de Antroido, o Centro permanecerá aberto no horario habitual para  a celebración das probas presenciais.

Na semana do  04/02/2013 ao 08/02/2013 impartiranse aínda as titorías do primeiro cuadrimestre, comezando o segundo cuadrimestre o  día 18/02/2013.