aval-calidade2O Sistema de Xestión da Calidade dos Centros Asociados da UNED conta entre os seus elementos fundamentais coa valoración dos estudantes sobre os servizos que presta o Centro. Para iso a UNED  elaborou un cuestionario ao que pode acceder na súa páxina persoal de Campus UNED. Cada opinión expresada neste cuestionario é un factor imprescindible para mellorar a calidade dos servizos que ofrece o centro e por iso convidámolo a participar.

Para acceder ao cuestionario é necesario autenticarse no seu Campus UNED. Na parte inferior da páxina persoal móstrase o enlace Cuestionarios, tal como se ve na seguinte imaxe.

cuestionario2

No cuestionario aparecen un conxunto de cuestións sobre as que deberá expresar o grao de acordo-desacordo nunha escala de 1 a 6 puntos: 1 representa “Totalmente en desacordo” e 6  “Totalmente de acordo”. Se non ten unha opinión formada sobre algún dos enunciados pode marcará a opción NDI “Non dispoño de información”.

A confidencialidade das respostas está garantida. A autenticación simplemente comproba que quen opina é un estudante da UNED do Centro Asociado. A valoración queda desvinculada de quen a emitiu, do mesmo xeito que cando se entrega o voto nunhas eleccións. Os Centros Asociados coñecerán unicamente os resultados globais, de gran utilidade para establecer planos de mellora nos servizos prestados.

Moitas grazas pola túa colaboración.