O Centro Asociado á UNED de Lugo permanecerá pechado do 23 ao31 de decembro de 2013. Os días 2, 3 e 7 de xaneiro abrirá soamente en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas. Os usuarios da biblioteca que desexen empregala como sala de estudo teñen esta alternativa.

En canto ás Aulas Universitarias:

  • Foz: Pechará os días 23 e 27 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro. Os días 26 e 30 de decembro e o día 7 de xaneiro abrirá en horario de 9:30 a 13:30 horas.
  • Monforte: Pechará do 23 de decembro ao 7 de xaneiro, ambos incluidos.
  • Viveiro: Do 23 ao 31 de decembro o centro permanecerá pechado. Os días 2,3, e 7 de xaneiro abrirá só en horario de mañá de 9:00 a 14:00.