PREMIO LOTE DE LIBROSTrátase dun proxecto colaborativo co Centro Asociado da UNED de Tortosa no que se pretende compartir o gusto pola lectura a través de diversas redes sociais. Empregarase Pinterest como taboleiro onde se exporán as fotografías participantes (<http://goo.gl/wEOy0Z>).

Entre todos os participantes do concurso fotográfico sortearanse dous lotes de libros, un deles con carácter xeral para toda a Comunidade Universitaria UNED e outro específico ao que poderán optar exclusivamente os alumnos, titores e PAS do Centro Asociado de Lugo.

O último día para enviar a fotografía é o martes 22 de abril de 2014 ás 23:59 horas. Poden consultarse as bases completas da actividade en (<http://goo.gl/wWL0EN>).

 

Anuncios