O Centro Asociado á UNED de Lugo presenta o curso “Programa de Certificación en Life Coaching”. O curso céntrase na área do “Life coaching” ou “Coaching persoal”, especialidade que se orienta ao cumprimento de obxectivos de caracter persoal e no ámbito das relacións humanas. Trátase dun programa estruturado en 5 módulos formativos e un módulo final para a presentación dos proxectos persoais. Dito curso pode seguirse presencialmente ou ben a través de Internet. Para máis información e matrícula consulte a páxina de Extensión Universitaria da UNED de Lugo.