Icona UNED.Ata o 10 de maio de 2014 permanecerá aberto o Cuestionario de valoración dos servizos xerais dos Centros Asociados. Coa información recollida a través deste cuestionario, a Dirección do Centro Asociado poderá coñecer a súa valoración dos servizos que presta o Centro para tela en conta no establecemento de plans e accións de mellora.

Para acceder aos cuestionarios de valoración terá que autenticarse na páxina web da UNED (Campus UNED) co nome de usuario e contrasinal. O enlace directo á enquisa é o seguinte:

https://serviweb.uned.es/encuestas_calidad/paginas/encuestas/index.aspx

Posteriormente, os datos serán xestionados pola Oficina de Tratamento da Información da UNED, o que garante a confidencialidade das respostas.

Agradecemos o interese que dedique a esta misión cuxos resultados, sen lugar a dúbida, van redundar na mellora do seu Centro Asociado.

Anuncios