Logo Uned LugoA  UNED de Lugo implantará o vindeiro curso 5 idiomas do CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) e a UNED Senior. O Padroado do Centro Asociado da UNED de Lugo aprobou na súa sesión do 25 de marzo de 2014 a posta en marcha destes novos programas de estudos.

A Dirección do Centro Asociado da UNED de Lugo reunirase en breve coas Asociacións da terceira idade das localidades de A Pastoriza, A Fonsagrada, Foz, Monforte, Vilalba e Viveiro co fin de acordar a programación a levar a cabo na UNED Senior nestas localidades.

Así mesmo, o Padroado aprobou a posta en marcha dos seguintes idiomas e niveis do CUID:

  • Inglés: A1, A2, B1, B2 e C1
  • Alemán: A1,A2 e B1
  • Portugués: A2 e B1
  • Galego: A2 e B1
  • Chinés: A1