Icona exames das segundas probas presenciais.Do 19 ao 24 de maio  e do 2 ao 6 de xuño de 2014 terán lugar as segundas probas presenciais no Centro Asociado da UNED de Lugo. Nesas dúas semanas de exames non se impartirán titorías. Si que se impartirán do 26 ao 30 de maio titorías de titulacións de Grao, rematando ese día a docencia do curso 2013/2014. A partir do luns 9 de xuño o horario da secretaría e da biblioteca do Centro Asociado de Lugo  será de 9:00 a 14:00 horas. As aulas de Foz, Monforte e Viveiro terán horario de 8:30 a 13:30 horas.

A continuación axuntamos un breve documento sobre a realización dos exames: EXÁMENES UNED.