O vindeiro curso o Centro Asociado da UNED de Lugo implantará os cursos presenciais do CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia). Os idiomas e niveis que se implantarán son os seguintes:
- Inglés: A1, A2, B1, B2 e C1
- Alemán: A1,A2 e B1
- Portugués: A2 e B1
- Galego: A2 e B1
- Chinés: A1
Axuntamos a continuación toda a información dispoñible:
- Horarios de titorías do CUID no Centro Asociado de Lugo
- Díptico con información xeral sobre o CUID
- Páxina do CUID en Portal UNED