A nova páxina web oficial do Centro Asociado da UNED de Lugo pasa a ser www.lugo.uned.es. A páxina web antiga www.unedlugo.wordpress.com deixa de actualizarse e servirá soamente para a consulta de datos antigos e doutros cursos anteriores. As principais características da nova páxina web son:

  • Información máis completa.
  • A páxina atópase tanto en galego como en castelán. O selector de idioma está na parte superior dereita.
  • A interface é adaptativa (“responsive”) polo que se axeita perfectamente a calquera navegador de calquera dispositivo (ordenador, tableta, móbil).

Foto con enlace da nova páxina web do Centro Asociado de Lugo.

 

Anuncios