Avisos


A nova páxina web oficial do Centro Asociado da UNED de Lugo pasa a ser www.lugo.uned.es. A páxina web antiga www.unedlugo.wordpress.com deixa de actualizarse e servirá soamente para a consulta de datos antigos e doutros cursos anteriores. As principais características da nova páxina web son:

  • Información máis completa.
  • A páxina atópase tanto en galego como en castelán. O selector de idioma está na parte superior dereita.
  • A interface é adaptativa («responsive») polo que se axeita perfectamente a calquera navegador de calquera dispositivo (ordenador, tableta, móbil).

Foto con enlace da nova páxina web do Centro Asociado de Lugo.

 

Anuncio publicitario

Do 25 de xullo ao 24 de agosto a secretaría e a biblioteca do Centro Asociado á UNED de Lugo permanecerán pechadas. A Aula Universitaria de Monforte pechará tamen do 25 de xullo ao 24 de agosto. As Aulas Universitarias de Foz e Viveiro pecharán do 1 ao 31 de agosto.

uned-cuid-1O vindeiro curso o Centro Asociado da UNED de Lugo implantará os cursos presenciais do CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia). Os idiomas e niveis que se implantarán son os seguintes:
 

  • Inglés: A1, A2, B1, B2 e C1
  • Alemán: A1,A2 e B1
  • Portugués: A2 e B1
  • Galego: A2 e B1
  • Chinés: A1

Axuntamos a continuación toda a información dispoñible:

 

I-1 Do 9 de xuño ao 25 de xullo e do 25 de agosto ao 1 de setembro o horario da secretaría e da biblioteca do Centro Asociado de Lugo  será de 9:00 a 14:00 horas. As Aulas Universitarias de Viveiro  e Monforte  terá tamen este mesmo horario. Pola contra a Aulas de Foz permanecerá aberta de 8:30 a 13:30 horas.

MostraADMISIÓN Y MATRICULA 2014-15 CASTELLANO subir WORDPRESSmos a continuación os documentos cos carteis de admisión e matrícula para o curso 2014-2015:

 

Icona exames das segundas probas presenciais.Do 19 ao 24 de maio  e do 2 ao 6 de xuño de 2014 terán lugar as segundas probas presenciais no Centro Asociado da UNED de Lugo. Nesas dúas semanas de exames non se impartirán titorías. Si que se impartirán do 26 ao 30 de maio titorías de titulacións de Grao, rematando ese día a docencia do curso 2013/2014. A partir do luns 9 de xuño o horario da secretaría e da biblioteca do Centro Asociado de Lugo  será de 9:00 a 14:00 horas. As aulas de Foz, Monforte e Viveiro terán horario de 8:30 a 13:30 horas.

A continuación axuntamos un breve documento sobre a realización dos exames: EXÁMENES UNED.

Logo Uned LugoA  UNED de Lugo implantará o vindeiro curso 5 idiomas do CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) e a UNED Senior. O Padroado do Centro Asociado da UNED de Lugo aprobou na súa sesión do 25 de marzo de 2014 a posta en marcha destes novos programas de estudos.

A Dirección do Centro Asociado da UNED de Lugo reunirase en breve coas Asociacións da terceira idade das localidades de A Pastoriza, A Fonsagrada, Foz, Monforte, Vilalba e Viveiro co fin de acordar a programación a levar a cabo na UNED Senior nestas localidades.

Así mesmo, o Padroado aprobou a posta en marcha dos seguintes idiomas e niveis do CUID:

  • Inglés: A1, A2, B1, B2 e C1
  • Alemán: A1,A2 e B1
  • Portugués: A2 e B1
  • Galego: A2 e B1
  • Chinés: A1

Icona UNED.Ata o 10 de maio de 2014 permanecerá aberto o Cuestionario de valoración dos servizos xerais dos Centros Asociados. Coa información recollida a través deste cuestionario, a Dirección do Centro Asociado poderá coñecer a súa valoración dos servizos que presta o Centro para tela en conta no establecemento de plans e accións de mellora.

Para acceder aos cuestionarios de valoración terá que autenticarse na páxina web da UNED (Campus UNED) co nome de usuario e contrasinal. O enlace directo á enquisa é o seguinte:

https://serviweb.uned.es/encuestas_calidad/paginas/encuestas/index.aspx

Posteriormente, os datos serán xestionados pola Oficina de Tratamento da Información da UNED, o que garante a confidencialidade das respostas.

Agradecemos o interese que dedique a esta misión cuxos resultados, sen lugar a dúbida, van redundar na mellora do seu Centro Asociado.

Do 14 ao 20 de abri de 2014 o Centro Asociado da Uned de Lugo e as Aulas Universitarias de Monforte e Viveiro estarán pechadas.  Os días 15 e 16 de abril a secretaría da Aula de Foz estará aberta de 9:30 a 13:30 horas e o 21 de abril de 9:00 a 13:30 horas.
O luns 21 de abril non se impartirán titorías e o horario de apertura do Centro e as Aulas será:

  • Secretaría e Biblioteca do Centro Asociado Uned Lugo: de 9:00 a 14:00 horas
  • Aula de Monforte: de 8:30 a 14:00 horas, esta aula tamén permanecerá pechada e non se impartirán titorías tampouco o martes 22 de abril.
  • Aula de Viveiro: de 9:00 a 14:00 horas

  Axúntase o documento coa listaxe de admitidos e excluídos ás prazas de profesor-titor para o curso 2014-2015:

Página siguiente »