Un ano máis a UNED presenta unha nova edición dos Cursos de verán que se desenvolverán nas distintas sedes. Para máis información e matrícula visite os seguintes enlaces:
mayo 30, 2014
mayo 9, 2014
O Centro Asociado da UNED de Lugo impartirá o curso «Experto en arbitraje civil y mercantil» os vindeiros . Aos asistentes ao curso expediráselles o «Titulo de Experto en Arbitraje Civil y Mercantil» avalado pola Corte Arbitral de Galicia e a Escuela Europea de Líderes. Con esta titulación supéranse os requisitos de formación para o acceso ao Censo de Arbitros da Corte Arbitral de Galicia. Para máis información e matriculación consulte a páxina de Extensión Universitaria da UNED de Lugo
mayo 5, 2014
O Centro Asociado da UNED de Lugo convoca nos vindeiros meses de xuño e xullo de 2014 os seguintes cursos sobre Coaching (dispón de máis información de cada un deles e do acceso á matriculación no enlace que os acompaña):
abril 23, 2014
O Centro Asociado á UNED de Lugo presenta o curso “Programa de Certificación en Life Coaching». O curso céntrase na área do «Life coaching» ou «Coaching persoal», especialidade que se orienta ao cumprimento de obxectivos de caracter persoal e no ámbito das relacións humanas. Trátase dun programa estruturado en 5 módulos formativos e un módulo final para a presentación dos proxectos persoais. Dito curso pode seguirse presencialmente ou ben a través de Internet. Para máis información e matrícula consulte a páxina de Extensión Universitaria da UNED de Lugo.
abril 23, 2014
O Centro Asociado da UNED de Lugo presenta os seguintes cursos que terán lugar en breve:
abril 21, 2014
O Centro Asociado da UNED de Lugo presenta a xornada «¿Quieres ser Coach? (2ª edición)» que se desenvolverá nas instalacións do Centro o mércores 30 de abril de 2014 de 16:00 a 18:00. A asistencia é libre e gratuita. Para máis información e matriculación visite a páxina de Extensión UNED do Centro de Lugo.
marzo 20, 2014
O mércores e xoves 9 e 10 de abril de 2014 terá lugar nas instalacións do Centro Asociado da UNED de Lugo o curso «Depresión, un nuevo enfoque» no que intervirá como poñente o psicólogo Francisco Javier Serantes Charlín. Para obter máis información e proceder á matriculación visite a páxina asociada de Extensión Universitaria UNED.
marzo 19, 2014
O Centro Asociado á UNED de Lugo presenta o curso «Protocolo social. Cómo aumentar la reputación profesional a través de las personas» que se desenvolverá presencialmente nas instalacións do Centro Asociado de Lugo en tres luns a partir do 28 de abril de 2014. Se desexa máis información e/ou matricularse consulte a páxina web de Extensión Universitaria UNED.
marzo 19, 2014
Queda aberto o prazo de matrícula para o curso “Aplicaciones informáticas de hojas de cálculo” que se desenvolverá a través dun curso virtual na plataforma Moodle acompañado de sesións presenciais de apoio non obrigatorias na aula de informática do Centro de Lugo. Para máis información e matrícula consulte a páxina asociada en Extension Universitaria UNED .
marzo 14, 2014
O Centro Asociado á UNED de Lugo organiza o curso «El arte de la segunda mitad del siglo XX (III). Aproximación al arte contemporáneo desde 1980 hasta la actualidad». A devandita actividade desenvolverase nas instalacións do centro a partir do luns 31 de marzo de 2014 e estará impartida por Dona María Álvarez Cebrián. Para máis información e matrícula visite http://extension.uned.es/actividad/idactividad/6491.