Cursos


cursos-de-veran-2014Un ano máis a UNED presenta unha nova edición dos Cursos de verán que se desenvolverán nas distintas sedes. Para máis información e matrícula visite os seguintes enlaces:

 

Anuncio publicitario

O Centro Asociado da UNED de Lugo impartirá o curso «Experto en arbitraje civil y mercantil» os vindeiros . Aos asistentes ao curso expediráselles o «Titulo de Experto en Arbitraje Civil y Mercantil» avalado pola Corte Arbitral de Galicia e a Escuela Europea de Líderes. Con esta titulación supéranse os requisitos de formación para o acceso ao Censo de Arbitros  da Corte Arbitral de Galicia. Para máis información e matriculación consulte a páxina de Extensión Universitaria da UNED de Lugo

Icona da Escuela Europea de LíderesO Centro Asociado da UNED de Lugo convoca nos vindeiros meses de xuño e xullo de 2014 os seguintes cursos sobre Coaching (dispón de máis información de cada un deles e do acceso á matriculación no enlace que os acompaña):

O Centro Asociado á UNED de Lugo presenta o curso “Programa de Certificación en Life Coaching». O curso céntrase na área do «Life coaching» ou «Coaching persoal», especialidade que se orienta ao cumprimento de obxectivos de caracter persoal e no ámbito das relacións humanas. Trátase dun programa estruturado en 5 módulos formativos e un módulo final para a presentación dos proxectos persoais. Dito curso pode seguirse presencialmente ou ben a través de Internet. Para máis información e matrícula consulte a páxina de Extensión Universitaria da UNED de Lugo.

Cursos vindeiros a celebrar no Centro Asociado de LugoO Centro Asociado da UNED de Lugo presenta os seguintes cursos que terán lugar en breve:
  

  • «O NENO DE 0 A 1 ANO. ANÁLISE PSICOSOCIAL»: Os venres 25 de abril e 2 de maio de 2014 de 16.00 a 20.00 h. Esta actividade desenvólvese presencialmente. Para máis información e matrícula consulte a información na páxina de Extensión Universitaria da UNED de Lugo.
  • «INGLÉS COMERCIAL Y DE NEGOCIOS»: Presencialmente o xoves 8 de maio de 2014 de 16:30 a 20:30 e cunha parte virtual o xoves 15 de maio. Para máis información e matrícula consulte a páxina de Extensión Universitaria da UNED de Lugo.
  • «LAS ELECCIONES AL PARLAMENTO EUROPEO. EL FUTURO DE LA UNIÓN EUROPEA»: Esta xornada terá lugar no Centro Asociado de Lugo o 8 de maio de 2014 de 16:00 a 21:30 h. Dispón de toda a información  e o acceso á matriculación en Extensión Universitaria da UNED de Lugo.

eel_mini4O Centro Asociado da UNED de Lugo presenta a xornada «¿Quieres ser Coach? (2ª edición)» que se desenvolverá nas instalacións do Centro o mércores 30 de abril  de 2014 de 16:00 a 18:00. A asistencia é libre e gratuita. Para máis información e matriculación visite a páxina de Extensión UNED do Centro de Lugo.

foto_mini2_curso-depO mércores e xoves 9 e 10 de abril de 2014 terá lugar nas instalacións do Centro Asociado da UNED de Lugo o curso «Depresión, un nuevo enfoque» no que intervirá como poñente o psicólogo Francisco Javier Serantes Charlín. Para obter máis información e proceder á matriculación visite a páxina asociada de Extensión Universitaria UNED.

O Centro Asociado á UNED de Lugo presenta o curso «Protocolo social. Cómo aumentar la reputación profesional a través de las personas» que se desenvolverá presencialmente nas instalacións do Centro Asociado de Lugo  en tres luns a partir do 28 de abril de 2014. Se desexa máis información e/ou matricularse  consulte a páxina web de Extensión Universitaria UNED.

Icona relativa ao curso de follas de cálculoQueda aberto o prazo de matrícula para o curso “Aplicaciones informáticas de hojas de cálculo” que se desenvolverá a través dun curso virtual na plataforma Moodle acompañado de sesións presenciais de apoio non obrigatorias na aula de informática do Centro de Lugo. Para máis información e matrícula consulte a páxina asociada en Extension Universitaria UNED .

O Centro Asociado á UNED de Lugo organiza o curso «El arte de la segunda mitad del siglo XX (III). Aproximación al arte contemporáneo desde 1980 hasta la actualidad». A devandita actividade desenvolverase nas instalacións do centro a partir do luns 31 de marzo de 2014 e estará impartida por Dona María Álvarez Cebrián. Para máis información e matrícula visite http://extension.uned.es/actividad/idactividad/6491.

Página siguiente »