concurso-fotograficoO Centro Asociado da UNED de Lugo convoca o primeiro concurso de fotografía ecoUNEDLugo con motivo do vindeiro Día Mundial do Medioambiente. Dispón de toda a información e bases do concurso nos documentos:

 

Icona exames das segundas probas presenciais.Do 19 ao 24 de maio  e do 2 ao 6 de xuño de 2014 terán lugar as segundas probas presenciais no Centro Asociado da UNED de Lugo. Nesas dúas semanas de exames non se impartirán titorías. Si que se impartirán do 26 ao 30 de maio titorías de titulacións de Grao, rematando ese día a docencia do curso 2013/2014. A partir do luns 9 de xuño o horario da secretaría e da biblioteca do Centro Asociado de Lugo  será de 9:00 a 14:00 horas. As aulas de Foz, Monforte e Viveiro terán horario de 8:30 a 13:30 horas.

A continuación axuntamos un breve documento sobre a realización dos exames: EXÁMENES UNED.

O Centro Asociado da UNED de Lugo impartirá o curso “Experto en arbitraje civil y mercantil” os vindeiros . Aos asistentes ao curso expediráselles o “Titulo de Experto en Arbitraje Civil y Mercantil” avalado pola Corte Arbitral de Galicia e a Escuela Europea de Líderes. Con esta titulación supéranse os requisitos de formación para o acceso ao Censo de Arbitros  da Corte Arbitral de Galicia. Para máis información e matriculación consulte a páxina de Extensión Universitaria da UNED de Lugo

Icona da Escuela Europea de LíderesO Centro Asociado da UNED de Lugo convoca nos vindeiros meses de xuño e xullo de 2014 os seguintes cursos sobre Coaching (dispón de máis información de cada un deles e do acceso á matriculación no enlace que os acompaña):

Logo Uned LugoA  UNED de Lugo implantará o vindeiro curso 5 idiomas do CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) e a UNED Senior. O Padroado do Centro Asociado da UNED de Lugo aprobou na súa sesión do 25 de marzo de 2014 a posta en marcha destes novos programas de estudos.

A Dirección do Centro Asociado da UNED de Lugo reunirase en breve coas Asociacións da terceira idade das localidades de A Pastoriza, A Fonsagrada, Foz, Monforte, Vilalba e Viveiro co fin de acordar a programación a levar a cabo na UNED Senior nestas localidades.

Así mesmo, o Padroado aprobou a posta en marcha dos seguintes idiomas e niveis do CUID:

  • Inglés: A1, A2, B1, B2 e C1
  • Alemán: A1,A2 e B1
  • Portugués: A2 e B1
  • Galego: A2 e B1
  • Chinés: A1

Icona UNED.Ata o 10 de maio de 2014 permanecerá aberto o Cuestionario de valoración dos servizos xerais dos Centros Asociados. Coa información recollida a través deste cuestionario, a Dirección do Centro Asociado poderá coñecer a súa valoración dos servizos que presta o Centro para tela en conta no establecemento de plans e accións de mellora.

Para acceder aos cuestionarios de valoración terá que autenticarse na páxina web da UNED (Campus UNED) co nome de usuario e contrasinal. O enlace directo á enquisa é o seguinte:

https://serviweb.uned.es/encuestas_calidad/paginas/encuestas/index.aspx

Posteriormente, os datos serán xestionados pola Oficina de Tratamento da Información da UNED, o que garante a confidencialidade das respostas.

Agradecemos o interese que dedique a esta misión cuxos resultados, sen lugar a dúbida, van redundar na mellora do seu Centro Asociado.

O Centro Asociado á UNED de Lugo presenta o curso “Programa de Certificación en Life Coaching”. O curso céntrase na área do “Life coaching” ou “Coaching persoal”, especialidade que se orienta ao cumprimento de obxectivos de caracter persoal e no ámbito das relacións humanas. Trátase dun programa estruturado en 5 módulos formativos e un módulo final para a presentación dos proxectos persoais. Dito curso pode seguirse presencialmente ou ben a través de Internet. Para máis información e matrícula consulte a páxina de Extensión Universitaria da UNED de Lugo.