Prácticas de Enxeñería

En xeral consulte o documento practicas-2-2014_v2.

Examen oral de Inglés para Fines Profesionales do Grao en Turismo

Terá lugar o luns 12/05/2014. Ainda que os estudantes poden facelo desde as súas casas (soamente necesitan ter un ordenador conectado a Internet con micrófono e cámara web) se non dispoñen do equipamento axeitado e desexan realizar o examen no centro asociado deben comunicalo antes do venres 9 de maio de 2014 no correo info@lugo.uned.es.

Prácticas de Procesadores del lenguaje II

Terán lugar o xoves 08/05/2014 de 18:30 a 19:00 horas na aula Avip 2 da planta soto.

Prácticas de Mecánica (68901022) dos Graos en Enxeñería Eléctrica, Electrónica e Tecnología Industrial

Non se poden realizar no  Centro Asociado da Uned de Lugo. Poderá realizalas no Centro Asociado de Pontevedra o sábado 3 de maio de 2014 de 10:00 a 14:00 y de 16:00 a 20:00 horas. Se desexa realizar as prácticas neste centro debe comunicalo á Secretaria do Centro de Lugo a través dos correos info@lugo.uned.es ou coordinadoracademico@lugo.uned.es antes do luns 28 de abril de 2014

Prácticas de “Fundamentos de Ciencia de Materiales I”

Os alumnos que desexen realizar as prácticas obligatorias da materia no presente ano académico deberán poñerse en contacto urxentemente co titor da devandita materia. Poden poñersen en contacto directamente co titor no horario de titoría habitual (mércores de 18:00 a 19:00 horas) ou a través do foro de titoría da materia no curso virtual de ALF. Existe unha gravación feita polo titor titulada “Prácticas de la asignatura”.

Práctica de  “Teoría de los lenguajes de programación” do Grao en Enxeñería Informática

A data límite de entrega será o mércores 14 de maio no horario habitual da materia.

Práctica de  “Estrategias de programación y estructuras de datos (71901043)” dos Graos en Enxeñería Informática e en Tecnoloxías da información

A data límite de entrega é o mércores 11 de xuño para a convocatoria de xuño e o día 8 de setembro de 2014 para a convocatoria correspondente de setembro.

Práctica de “Programación orientada a objetos”

A data límite de entrega da práctica é o mércores 14 de maio de 2014 no horario habitual da materia.

Prácticas de  “Diseño de aplicaciones orientadas a objetos” do Grao en Tecnoloxías da Información

Os alumnos poderán conectarse por webconferencia ás devantitas prácticas o xoves  03/04/2014  de 19:00 a 19:45 horas na aula 2.3 da segunda planta do centro. Esta práctica  emítese desde o Centro Asociado de Asturias.

Prácticas de “Teoría de Circuitos (6890204-)” dos Graos en Enxeñería Electrónica e Tecnoloxía Industrial e “Teoría de Circuitos I (68012049)” do Grao en Enxeñería Eléctrica.

Estras prácticas non se poden realizar no Centro Asociado de Lugo. Poden realizarse nos Centros Asociados de A Coruña ou Pontevedra nas seguintes datas

  • Centro Asociado de A Coruña: 26 de abril e 2,9 e 16 de maio de 2014 de 17:00 a 21:00 horas.
  • Centro Asociado de Pontevedra: 10 e 24 de abril e 8 de maio de de 2014 de 16:00 a 20:00 horas.

Se desexa realizar as prácticas nalgún destes centros debe comunicalo á secretaría do Centro Asociado de Lugo antes do mércores 2 de abril de 2014  a través de correo electrónico (info@lugo.uned.es ou coordinadoracadémico@lugo.uned.es).

Prácticas de “Teoría de los lenguajes de programación” dos Graos en Enxeñería Informática e Enxeñería en Tecnoloxías da Información

Realizaránse no Centro Asociado de Lugo o día 26 de marzo de 2014 de 18:30 a 19:00 horas na Aula de Informática da planta soto sendo dirixidas polo titor D. Carlos Fernández Lozano.

Prácticas de Física II

As prácticas da materia “Física II” (68901039) dos Graos en Enxeñería Eléctrica, Electrónica, Mecánica e Tecnoloxía Industrial non se poden realizar no Centro Asociado á  Uned de Lugo.  Estas prácticas poderán realizarse nos Centros Asociados de A Coruña, Ponferrada ou Pontevedra nas seguintes datas:

  • Centro Asociado de A Coruña: Luns 17/03 de 16:00-20:00.
  • Centro Asociado de Ponferrada: Sábado 22/02/2014 de  9:00-14:30 e de 16:00-20:30 (5 prácticas).
  • Centro Asociado de Pontevedra: Sábado 26/04/2013 de 10:00-14:00 e de 16:00-20:00.

Se desexa realizar as prácticas nalgún destes centros debe comunicalo á secretaría del Centro a través do correo electrónico info@lugo.uned.es ou coordinadoracademico@lugo.uned.es, antes do luns 17/02/2014.

Outras prácticas