A nova páxina web oficial do Centro Asociado da UNED de Lugo pasa a ser www.lugo.uned.es. A páxina web antiga www.unedlugo.wordpress.com deixa de actualizarse e servirá soamente para a consulta de datos antigos e doutros cursos anteriores. As principais características da nova páxina web son:

  • Información máis completa.
  • A páxina atópase tanto en galego como en castelán. O selector de idioma está na parte superior dereita.
  • A interface é adaptativa («responsive») polo que se axeita perfectamente a calquera navegador de calquera dispositivo (ordenador, tableta, móbil).

Foto con enlace da nova páxina web do Centro Asociado de Lugo.

 

Xa está aberto o prazo de solicitude das bolsas do Ministerio de Educación para o curso 2014-2015. O prazo remata o 15 de outubro de 2014. Recorde que dito prazo finaliza antes do prazo de matriculación. Dispón de toda a información na páxina web de Bolsas da UNED. Se o desexa tamén pode consultar o texto oficial da convocatoria.

Do 25 de xullo ao 24 de agosto a secretaría e a biblioteca do Centro Asociado á UNED de Lugo permanecerán pechadas. A Aula Universitaria de Monforte pechará tamen do 25 de xullo ao 24 de agosto. As Aulas Universitarias de Foz e Viveiro pecharán do 1 ao 31 de agosto.

uned-cuid-1O vindeiro curso o Centro Asociado da UNED de Lugo implantará os cursos presenciais do CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia). Os idiomas e niveis que se implantarán son os seguintes:
 

  • Inglés: A1, A2, B1, B2 e C1
  • Alemán: A1,A2 e B1
  • Portugués: A2 e B1
  • Galego: A2 e B1
  • Chinés: A1

Axuntamos a continuación toda a información dispoñible:

 

I-1 Do 9 de xuño ao 25 de xullo e do 25 de agosto ao 1 de setembro o horario da secretaría e da biblioteca do Centro Asociado de Lugo  será de 9:00 a 14:00 horas. As Aulas Universitarias de Viveiro  e Monforte  terá tamen este mesmo horario. Pola contra a Aulas de Foz permanecerá aberta de 8:30 a 13:30 horas.

cursos-de-veran-2014Un ano máis a UNED presenta unha nova edición dos Cursos de verán que se desenvolverán nas distintas sedes. Para máis información e matrícula visite os seguintes enlaces:

 

MostraADMISIÓN Y MATRICULA 2014-15 CASTELLANO subir WORDPRESSmos a continuación os documentos cos carteis de admisión e matrícula para o curso 2014-2015:

 

concurso-fotograficoO Centro Asociado da UNED de Lugo convoca o primeiro concurso de fotografía ecoUNEDLugo con motivo do vindeiro Día Mundial do Medioambiente. Dispón de toda a información e bases do concurso nos documentos:

 

Icona exames das segundas probas presenciais.Do 19 ao 24 de maio  e do 2 ao 6 de xuño de 2014 terán lugar as segundas probas presenciais no Centro Asociado da UNED de Lugo. Nesas dúas semanas de exames non se impartirán titorías. Si que se impartirán do 26 ao 30 de maio titorías de titulacións de Grao, rematando ese día a docencia do curso 2013/2014. A partir do luns 9 de xuño o horario da secretaría e da biblioteca do Centro Asociado de Lugo  será de 9:00 a 14:00 horas. As aulas de Foz, Monforte e Viveiro terán horario de 8:30 a 13:30 horas.

A continuación axuntamos un breve documento sobre a realización dos exames: EXÁMENES UNED.

O Centro Asociado da UNED de Lugo impartirá o curso «Experto en arbitraje civil y mercantil» os vindeiros . Aos asistentes ao curso expediráselles o «Titulo de Experto en Arbitraje Civil y Mercantil» avalado pola Corte Arbitral de Galicia e a Escuela Europea de Líderes. Con esta titulación supéranse os requisitos de formación para o acceso ao Censo de Arbitros  da Corte Arbitral de Galicia. Para máis información e matriculación consulte a páxina de Extensión Universitaria da UNED de Lugo